Asasinos no mar e asasinos en terra, andan ceibes…

A Galiza soberana é necesaria para a nosa supervivencia,

A proeza d’O Xurelo

1981 foi un ano decisivo para a democracia burguesa española. A Constitución de 1978 era difícil de dixerir, e segue a ser difícil de dixerir para a Igrexa Católica, para a dereita en xeral do Partido Popular e para moitos sectores dos distintos órganos do estado.

Desde 1979 a dereita franquista que tolerara o cambio da ditadura á monarquía parlamentaria, estaba revolvéndose tras a bambalinas do poder.

O terrorismo vascos foi do máis sanguinario, setenta e sete mortos en 1979 e noventa e cinco en 1980.

A aprobación dos estatutos vasco e catalán, e as maiorías acadadas polo PNV e por Convergéncia y Unió, respectivamente, unido á crise interna da dereita, encadrada nas filas da UCD, deriva na dimisión do presidente do goberno Adolfo Suárez.

O 23 de febreiro de 1980, mentres se celebra a investidura de Calvo Sotelo como sustituto do anterior presidente, un grupo de gardas civís, comandados polo xeneral Tejero, toma o Congreso. Afortunadamente o golpe non callou e desa maneira evitouse unha situación de tutela política e de represión non desexable.

A convocatoria do Referendo do Estatuto de autonomía de Galiza foi o 21 de diciembro de 1980. O número de abstencións acadou o setenta e un por cento da poboación. Aínda así o estatuto entrou en vigor o 6 abril de 1981 e en outubro celebráronse eleccións para formar o primeiro Parlamento autonómico que quedou composto por vinteseis deputados de AP (dereita de Fraga e xerme do PP), vintecatro da UCD (antiga dereita), dezasete do PSG-PSOE, tres do Partido Nacional Galego-Partido Socialista Galego e un de Esquerda Galega. O primeiro presidente da Xunta de Galiza foi Xerardo Fernández Albor, do partido Alianza Popular. O novo executivo tiña un problema de grande dificultade (botando man da retranca de taberna), designar a capital autonómica, A Coruña ou Santiago de Compostela.

Pero en setembro de 1981, os problemas para Galiza eran outros, eran problemas de consecuencias futuras para a saúde medioambiental, son aínda hoxe un problema oculto baixo o mar de consecuencias imprevisibles e graves.

Un 14 de setembro de 1981, catorce galegos saíron do porto de Ribeira nun barco de baixura, de apenas vintedous metros de eslora, o Xurelo, sen os medios actuais de navegación, o patrón Anxo Vila, levouno cara a fosa Atlántica, a uns cincocentos quilómetro das costas galegas, onde dúas embarcacións holandesas, andaban a guindar ao mar centos de bidóns cheos de refugos radioactivos, coa intención de asolagar arredor de 800 toneladas. Tres días despois deron co mercante e gracias a esta proeza, no estado español e no mundo enteiro, sóubose da felonía que se estaba a consumar. Esta fazaña era a resposta desesperada da chamada de Greenpeace á organización Esquerda Galega, para impedir este atentado ecolóxico, unha vez que eles tiñan avariado o seu navío Sirius.

Un ano despois, en 1982, o Xurelo volveu con dous barcos máis e co Sirius a impedir a descarga de semellante veleno enlatado. Hai un vídeo que dou a volta ao mundo, onde o cargueiro deixaba caer sobre as lanchas pneumáticas dos ecoloxistas os propios bidóns.

Entre os verquidos ingleses e holandeses, estímase que na Fosa Atlántica, hai desde cousa de trinta anos, unhas 140.000 toneladas de refugos radioactivos. Segundo algúns expertos, a radioactividade acumulada nesa zona pode ser de preto do millón de curios e, como comparación, explican que na área máis preta a Chernóbil, liberáronse durante o accidente de 1986, cerca de 130.000 curios. Desde 1993, a raíz do Convenio de Londres, quedou prohibido calquera tipo de vertido radioactivo, pero alguén sabe como está a situación dese cemiterio de material letal?

[Podedes visionar o vídeo aquel:

www.rtve.es/alacarta/videos/te-acuerdas/acuerdas-vertidos-radiactivos-fosa-atlantica/685580

Non esquezamos o Prestige, contaminación das costas galegas e cántabras, xestionada polos encios do PP, en concreto por Rajoy, que afundiron miles de toneladas de fluen na Fosa Atlántica. Aquí tedes o vídeo:

http://video.google.com/videoplay?docid=-3347173452264209098   ]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s