Tres sons para unha soa lingua

A saudade foi definida de forma concisa por Manuel de Melo, quen dixo que era “un ben que se padece e un mal do que se gosta”.

Galiza, Portugal e mais Brasil son a mesma cousa, a mesma pel con máis ou menos raios de sol. A mesma lingua que evolucionou de maneira distinta, que perdeu sons, pero tamén gañou xeitos diferentes de contemplar pasar a vida. As palabras están aí, apenas unhas grafías e unha arbitrariedade que a tecnoloxía do mundo moderno pode modificar no espacio e no tempo. Pero as vidas, a maneira de sentir non é tan doado que mude. Por iso esa verba, a saudade, pronunciada de maneira distinta, significa o mesmo alá e acolá.

Para eses galegos que están lonxe desta Terra, en calquera recuncho do Planeta, van estas fotos da miña colleita, para seguir padecendo a distancia, para seguir gostando da tristeza

(Facho romano, en Donón, Hío, Aldán, Cangas, Pontevedra)

As illas de Ons ao fondo, desde Donón.

Desde o Facho, abaixo Donón, Cabo de Home e illas Cíes

As Illas Cíes, na entrada da Ría de Vigo

Panorámica desde o Monte San Roque de Cangas na Ría de Vigo

Chegada en barco a Cangas do Morrazo – Pontevedra, desde Vigo.

Areeiro de Rodeira, Cangas do Morrazo – Pontevedra

Peirao de trasatlántico de Vigo, ao fondo Moaña

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s