Maldito Wert, maldito o teu partido!

(No meu tempo os xesuitas de Vigo facían un test de intelixencia para entrar. Os fillos dos ricos entraban. Os rapaces pobres lumbreiras entraban pero estaban nunha aula aparte. Pasados os anos esa aula deixouse de utilizar e pasou a ser cochizo dos porcos. Eu estudie noutro colexio, pero anque había clase media e pobres, sí había diferencias entre listos e tontos. A calaña máis impresentable, esa calaña asasina que se inzou no 1936 contra a legalidade republicana, está agora no Parlamento. Malditos tamén, os que lle fan de comparsa!)

 

Vanse o bos e fican os malditos!

 

Comezan arredando os nenos das nenas,

logo fan colexios pra ricos

e escolas para pobres;

aulas pra listos

e habitáculos para tontos.

Despois autobuses pra brancos,

máis tarde autobuses para negros.

 

Colexios públicos con aramios de espiño,

na entrada un cartel:

El trabajo os honra”…

 

Á final volveran as cámaras de gas,

sarín para os parados,

e a igrexa fitará como sempre

pra outro lado.

 

Os crematorios inzarán fumada branca

e os ouriñes caerán

sobre a dignidade humana…

 

Maldito Wert, maldito o teu partido!

Malditos!…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s