Escolma de poemas de ENSOÑOS de BREILA

Ensoños de Breila (1982), Colección Chorima.

 

O meu segundo libro en “edición de autor” foi ENSOÑOS de BREILA, que leva como subtítulo “Elexías de Tiratia-Caluca”, referíndose aos tres apartados de que estaba composto. O libro contou cos debuxos dun rapaz máis novo ca min, pois tiña dezaoito maios cando os debuxou para este poemario. Este artista gráfico chámase Antonio Abalde García e hai moitos anos que non sei nada da súa vida. Desde este blogue, un saúdo cordial a os meus parabéns para el e os seus.

O libro foi impreso, igual que Cántigo, na imprenta Júpiter. Levaba unha adicatoria a dous grandes amigos, a Alexandre Bermúdez e a Manuel Lemos, este último, coma un irmán maior, que a vida nolo arrebatou hai moitos anos.

           I

 

 Breila

como quen dubida

e agarda

 saíu das profundidades

atlántico

ónix

 entrou a peito

abaixando os tellados

coma un tardo

contando estrelas

 un bafo mareiro

salgou o meu país núo

como un corgo de mar

berrando o silencio

gutural gárgola

acústica…

 o que foi

o que é

o que vai ser

ollo-mao recoñecida…

           II

abanqueiro de sal

que enceta o sentir abisal

sorría na palma da man

miraba

na punta dos pes

 vivir,

gozar é nacer

(Son de Ensoños de Breila)

 

 

         Primeira Elexía

 

Os que non estamos

dispostos a sangrar

por ningunha patria,

saúdante Caésar!

 

Ergueuse cedo o tirano,

redundante, arredor

morrían de morte morrida

milleiros de saltóns!

 

Con el calou

a dinastía dos Quin.

Guerreiros de arxila,

cadanseu nun forno

cheo de calamidades,

escravos artistas

que agardan

a resurrección

da escravitude.

 

Que risada pra Qin

se non torna!

 

Que brindis

de champaña

para as viúvas!

 

Que diferencia

entre a súa morte

e as das terracotas,

bágoas de escravos!

 

Quin,

baixo, repoludo,

uniformado,

así son os tiranos.

Frocán vivía baixo palio,

a igrexa vivía de Frocan,

palio de traidores.

 

A súa morte

foi un espello da súa vida!

 

(De Elexías de Tiratia)

 

 

Poucos segundos ando

tan belo,

décimas de luz

andamos xuntos,

o tempo e mais eu,

da man…

 

E moitos son

os que amoso

por face triste carantoña…

 

A estrañeza de ser

chámame árbore

pra abanealo,

como trebón de clorofila,

como tabeirón estéril,

así é toda condición humana,

soidade do ser,

e eu telo por ausente…

 

(De Caluca)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s