Unha pegada na brétema

Homenaxe a Dalí

 

 

Unha pegada na brétema

 

Que foi de todo aquilo?

Unha estraña ollada,

unha teima, unha vida,

unha verónica rifada

co agora e co alén?

 

Unha pegada na brétema,

un saxofón de amores,

un berimbao tocando

desde o fondo da alma dun cativo?

 

E pasos e camiños,

e sombras e espasmos,

e árbores estrañas

coma homes e sapos,

e mans ensarilladas a golpes,

con vocación de misterio,

espeleólogo no inferno,

un magma, unha ocasión

iso somos de ser nada,

unha iludosa ilusión?

 

A viaxe como sempre

entre pedras e alimañas,

o punto final a luzada,

entre toxos doutro mundo,

de carne desesperada,

pola agoga * corre a música

mentres ando pola estrada…

 

 

(Poema corrixido e modificado. *agoga:acueduto, segundo o Dic. de Eladio Rodríguez)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s