MEMORIA HISTÓRICA na Galiza

MEMORIA HISTÓRICA na Galiza

Como en Galiza apenas houbo resistencia por parte das institucións ao golpe, senón que se puxeron do seu lado nada máis sublevarse en Marrocos, a represión comezou desde o principio daquela guerra “incivil”, declarada “Santa Cruzada” pola igrexa fascista, a que hoxe é segunda inmobiliaria do estado español.

 

Humillacións, cárcere, fusilamentos con pelotón ou tiros na caluga, foron o pan de cada día en aldeas, vilas e cidades.

 

A gravidade destes momentos, en pleno século XXI, é que no Estado español esas familias golpistas están instaladas nas máis altas institucións e co partido popular á cabeza destrozando o benestar social acadado nestes últimos anos e instalando unha democraCÍA nunha ENTENTE Madrid-Berlín do IV Reich que goberna as institución europeas.

 

 

(Debuxo de castelao do seu cartafol  “Atila en Galicia”.

 

Castelao creou tres cartafoles sobre as barbaridades do fascios franquista na guerra “incivil”, “Galicia mártir“, “Atila en Galicia” e ” Milicianos“. Estes cartafois editounos Akal; eu conseguinos hai moitos anos, cando aínda se vendían de modo clandestino, e gárdoos coma ouro en pano.

Cando estiven en Madrid, nos anos mozos, no piso que alugamos en Sol, cal foi a miña surpresa que un día abrín un almario e estaba cheo de exemplares destes cartafois. Sen eu sabelo, estaba convivindo con compañeiros dunha célula clandestina do PCG.

1.- Nomes e voces

Base de datos onde atopar os nomes dos represaliados en Galiza polos falanxistas e a forzaspública represiva franquistas.

 

2.- Mapa onde se localizan os lugares de asasinados pola represión franquista.

http://www.nomesevoces.net/gl/mapas-google/lugares-de-morte-falecidosas-nos-paseos-e-outras-modalidades-de-represion-paralegal-pontevedra/

 

3.- “Pontevedra os anos do medo”

Este artigo sobre a represión franquista en Pontevedra é moi interesante y está no blog con este link:

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2011/11/mulleres-represaliadas.html

 

4.- “Este cuento se acabó ”

Artigo de grande lucidez de Suso de Toro, publicado no País.

 http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/11/galicia/1344707231_891620.html

 

5.- A policía sudafricana vai de safari e mata polo menos a 30 mineiros que protestaban na sabana.

 

¡Merda de “monos hábiles”, de ONU, de Vaticano, de OTAN,de BCE, de FMI, etc, etc…

 

http://internacional.elpais.com/internacional/2012/08/16/actualidad/1345133911_166087.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s