Este conto acabouse, di Suso de Toro

[Lúcido artigo, amigo Suso, pero a maioría fita para outro lado. Estes poemas fotográficos van para ti].

MUDOU todo tanto,

tanto mudou todo,

tanto …

horarios, ideas,

persoas,

e os ollos que me guían:

tan intactos.

Mudou todo tanto,

tanto mudou todo,

tanto…

casas, cifras,

flora

e os brazos que me apertan:

tan intactos.

Mudou todo tanto,

tanto mudou todo,

tanto …

fauna, leis,

modas

e este ouvido que me axorda:

tan intacto.

Mudou todo tanto,

tanto mudou todo,

tanto …

paixóns, noivas,

apalpos

e o nariz que me alerta:

tan intacto.

Mudou todo tanto,

tanto mudou todo,

tanto …

dedos, alimentos,

calzado

e o paladar que me embebe:

tan intacto.

Mudou todo tanto,

tanto mudou todo?

¡Todo!

(Este poema pertence a “O devalar as horas”,

que saiu publicado en Grial en 1986).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s