AMOR e GUERRA no mar de VIGO – A Illa de San Simón – Redondela.

A illa de San SIMÓN, onde asediaban as ondas ao trobador Mendiño

A illa de San Simón pertence a un pequeno arquipélago de illas máis pequenas situadas na entrada da Ría de Vigo (Pontevedra – Galiza – España). San Simón está unida á illa de San Antón por unha ponte. Ámbalas dúas illas pertencen á parroquia de Cesante do concello de Redondela. Desde 1999, estas illas son catalogadas como Ben de interés cultural na categoría de lugar histórico. Ao longo da súa historia a illa de San Simón foi utilizada como monasterio, lazareto, cárcere e lugar para nenos orfos.

Nesta illa sitúa o trobador medieval Mendiño a súa fermosa cantiga. A partir do século XII estivo habitada por ordes relixiosas, templarios e franciscanos.

PIRATAS ingleses

O 9 de maio do ano 1589, o pirata inglés sirFrancis Drake chega a iso da media noite coa súa frota ás praias das illas Ficas, para fondear e reparar velas e demais aparellos da súa frota. Mentres agarda novas sobre a insurrección portuguesa a favor do infante don Antonio, prior de Crato, contra Felipe II, aproveita o tempo saqueando o convento de San Estevo da illas de San Simón.

Fracasado o intento por parte de Drake de apoderarse de Lisboa, volve ancorar nas illas Ficas e con parte da frota adéntrase na ría de Vigo un 30 de xuño de 1589.

Vigo contaba daquela con pouco máis de cincocentas casas e arredor de dous mil habitantes. Drake contaba con 7000 homes de desembarco. Na mañá do 30 de xuño de 1589 as tropas corsarias desembarcan nas praias de Coia e do Berbés, así como na aba costeira do monte da Guía. Vigo, teis e Bouzas serán saquedas.

Na novela a “Burla Negra”, Premio Nacional de Literatura, que José Mª Castroviejo fabulou no seu pazo de Tirán (Moaña), fala das felonías deste pirata.

Castroviejo e Cunqueiro, grandes escritores e amigos.

[Sir Francis Drake naceu en Tavistock, Inglaterra, 1543 e finou en Portobelo, Panamá o 28 de xneiro de 1596. Foi un corsario inglés, explorador, comerciante de escravos, político e vicealmirante da Mariña Real Británica. Dirixiu numerosas expedicións navais contra os intereses españois na península ibérica e nas Indias, sendo a segunda persoa en circunnavegar o mundo, despois de Elcano, e participou no ataque a Cádiz en 1587, na derrota da Grande e Felicísima Armada e no ataque á Coruña en 1589, entre as moitas fechorías.

Nestas épocas a piratería era considerada como unha actividade económica permitida nos distintos bandos da política internacional. En Galicia había moitos armadores que se adicaban á piratería e moitos eran os barcos que caían nas mans de mariñeiros vigueses que agardan as súas presas agachados nas illas Ficas.]

Invasión turca

No nadal de 1617 a armada turca tenta en varias ocasións desembarcar no Areal e noutras zonas de Vigo sen éxito ningún.

O día 8 desembarca na praia de Domaio (Moaña) e o día 9 na de Areas Gordas (Rodeira) de Cangas. A destrución desta vila mariñeira será total. Como cosnecuencia desta matanza quedan moitas viuvas e algunhas perden a razón.

Moitas viuvas adoitan por baixar á praia a facer actos de desagravio, pero a Santa Inquisición ( institución represiva medieval da igrexa católica), aproveita a ocasión para declarar a María Soliño posuída polo demo e daquela embargarlles as propiedades para a igrexa e así aumentar o escandaloso patrimonio desta empresa “espiritoal” que proclama aos catro ventos o seu ideario de pobreza.

Areas Gordas (Praia de Rodeira)

O poeta Celso Emilio Ferreiro escribiu un poema que ten a esta muller como protagonista, mudando o xénero do seu apelido por cousa da rima. Hai quen conta que nas noites de lúa chea, repinicaban as campás da igrexa de Coiro.

Igrexa de Coiro (Cangas do Morrazo)

Polos camiños de Cangas

a voz do vento xemía:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Nos areales de Cangas

muros de noite se erguen:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As gueivotas sobre Cangas

soños de medo tecían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas,

anda un terror de auga fría:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s