Un bo xastre que vestiu a medio Morrazo

O pai: Joaquín Agulla Lorenzo

Cangas do Morrazo (Pontevedra),[1924 – 2007][gallery]

Home sinxelo, sempre positivo, traballador nato, entregouse en corpo e alma á familia.

Ante as adversidades exclamaba:-¡Nunca máis mal! E subía os banzos da casa asubiando coma un xílgaro, chovera ou ventara. Tamén dicía: – Na casa, paz.

Foi presidente da Acción Católica e xunto co se amigo José Pentalfa “Pepe poeta” visitaban aos enfermos naquela posguerra de fame e xenreira, levando azucre e aceite ás casas, porque daquela a xente enfermaba de fame.”Predicar non é dar trigo”, dicía moitas veces.

O seu pai era xastre e el seguiu os pasos, trasladándose no inverno de 1948 a Barcelona a estudar na “Academia de Corte Rocosa”, fundada en 1923. Para tal empresa o meu avó, Joaquín Lorenzo Rúa, vendeu unha casiña por sete mil pesetas das de entón. Ao meu pai sobráronlle algúns cartos dos que lle asignaran para a estadía en Barcelona, e contaba que se foi a Lugo a coñecer a cidade, onde vivía o seu amigo de curso, Manuel Núñez.

O Agulliña” foi xastre ata a fin dos seus días. E ata na prostración do leito, cando a cabeza se volvía rara, collía a saba entre as mans e facía acenos de estar cosendo. Viviu para a súa dona e os seus fillos, coma un estoico no mellor senso da palabra.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s