Poemas en madeira

Unha das etapas creativas, contemplou a creación de pequenas formas poéticas en madeira, que lle aportaban liberdade, despois de ser condeado ao ostracismo por aqueles que pensan que a cultura galega é un carnet á vella usanza estalinista.

As tres ratiñas son unha metáfora dos tres poderes fácticos que gobernan occidente, a Banca, as Armas e a Clerecía.

As chaves das igrexas son grandes, pero agora os pobres non teñen chaves para as súas casas, viven nas rúas, onde lles deixan, onde lles arredou a cobiza da banca …

Este é o peite para a cabeleira do monstro que goberna o mundo, viste de traxe, como os homes de negro do Fondo Monetario Internacional.

Esta é a bola de pan que tiña que correr o mundo e facerse comestible en cada man de ser humano desposuído por Occidente.

Esta é á homenaxe á prótese que lle saeu peseniñamente das costas á miña nai perante dezaoito anos de estoico vivir, porque as operacións quirúrxicas non sempre saen a pedir de boca. E iso, que cando estaba no convento, porque pedía un colchón para non volver recaer, negáronllo e dixéronlle que non tiña espírito de sacrificio.

Dime do que presumen e direiche do que carecen… E ademais as palabras dos seus libros éntranlle por un ouvido e sáenlles polo outro coma un ventiño lene : “Se non tedes misericordia, nada vale a vosa fe…!”

 

Este brazo é de quen nada a contra corrente, sabendo que os tabeiróns andan por aí, vestidos coma eses homes de negro do FMI.

Esta peza está adicada a León Felipe que escribiu: Faime unha cruz sinxela carpinterio…” Esta cruz está pousada na terra, ten os brazos para abrazala e o mastro cara ao ceo, como quería el, pero non está cravada na terra, porque os poetas son libres incluso despois do pasamento.

Agradezo a aqueles que me condenaron ao ostracismo, porque dese exilio naceron este poemas cativos de madeira.

Como di Baudelaire:

Homme libre, toujours tu chériras la mer!

La mer est ton miroir; tu contemples ton âme

Dans le déroulement infini de sa lame,

Et ton esprit n’est pas un gouffre moins amer.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s