Pés quedos, de Cántigo

Nunha ocasión estando con Bernadino e con Unxío Novoneyra, lembro que louboume este poema polos seus encabalgamentos. Para un mozo coma min, que sabía que con tanta poesía de altura nunca recibiría un premio, aquel agasallo do bardo do Courel foi abondo como para continuar.

Galegos no Congreso GALEUZCA de Donostia, setembro de 1986

(De pé, de esquerda a dereita, Agulla, Paco Martín, Cáccamo, Novoneyra, Mª Xosé Queizán, Vidal Bolaño , Fernán Vello,  Rey Núñez e Porto Matalobos; sentados, X. Seoane, Mª do Carmen Krukenberg,  e … ) [Conforme lembre os nomes irei completando a lista]

X

NA fraga dos marullos rexos,

sacha o vento pensamentos;

acuca o cuco e chía mudo

a todo movemento:

¡PÉS QUEDOS !

Arrola a rula o seu esperma mesto

voa o becho e pousa o monte quedo no mar

non hai verdume nin futuro

para os vinderios:

¡ PÉS QUEDOS !

Esta é terra en plenilunio sempre,

choran os pétalos

e rebumbian os pirixeles:

¡ PÉS QUEDOS !

Non sei como decilo hoxe

estou frouxo do mundo:

sacha acuca arrola hoxe,

pousa monte mar non sei;

mete saca mete os pés,

vento cuco esperma ou mel,

touro agoirado e rexo

saca mete saca os pés:

¡ PÉS QUEDOS !

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s