Muller sensible e intelixente

A nai: Amalia Pizcueta Menduíña

 

Beluso – Bueu (Pontevedra),1928;
Cangas do Morrazo, 2007.[gallery]

 

Estudou na Compañía de María de Cangas do Morazo. Foi monxa de clausura pero despois de dúas convalecencias por enfermidade deixou os hábitos porque o rigor da clausura puña en perigo a súa vida.

Era unha muller sensible, educada en certo elitismo, pero prudente e gustosa da cultura, especialmente das artes. Intelixente e estudosa, chorou con ganas cando – estando en Zaragora, a onde se trasladou a vivir a súa familia de maneira temporal-, tivo que vender os libros de bacharelato por causas de necesidade.

Cando entrou no convento principiou os estudos de canto e piano, examinándose no conservatorio de Santiago de Compostela. Faltoulle un curso para rematar a carreira. Deu clases de piano mentres estivo no colexio e despois seguiu impartíndoas na casa de maneira excepcional. Tocaba tamén o harmonio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s