Escolma de poemas de amor de Cántico

E sabei que, segundo o amor tiverdes, tereis o entendimento de meus versos.”

(Luís de Camoes)

Primeira edición, maio, 1981.
Impreso en Copistería Júpiter de Quique Álvarez
e de Mª do Carme Barral.
Prólogo de M. Cuña Novás.

[Estes son algúns poemas de “Cántigo, primeiro libro deste autor, prologado por Manuel Cuña Novás, de quen foi amigo, desque llo presentara Angel Eguren, para que guiase o roteiro poético daquel mozo, que fora o seu alumno].

VI

POLO fío da auga,

camiñar quixemos,

pero era prohibido

ser gaivotas no leito.

 

Polo fío de auga,

asi de estreito;

para dar todo o verde

ao verdello.

 

E nós con moito medo;

medo, medo,

bico, bilorico, beixo;

coma unha foz prós sentimentos.

 

Amor fondo e submarino,

ilusionado laño de remansos,

– ¡ ai laño de bágoas ! –

Que chegou despois

emborrallando nácaras.

 

Ai laño de amor,

biloricos de paixón,

¡ quen vos acariñase ¡

 

Polo fío da auga,

arrepiante ouveo

daquel tempo noxo;

no que sempre gañaba,

¿ quen ?

o medo, que rillaba

nas almas daquel tempo …

 

Bico, bilorico, beixo;

asubiaba, ¿ quen ? o medo ,

tras das maceiras,

tras dos codesos…

 

Daquela tiña medo

o amor a trabucarse

e os beizos non souberon

ou non quixeron defendernos.

 

¡ Malia fada dos paxaros verdes !

Tiña medo o amor;

bico, bilorico, beixo.

Polo fío da auga,

estralou o fío na enxurrada,

chiou o bilorico,

así perdeu o amor;

¿ onde ? ¿ cando ?

¿ onde ? ¿ quén ?

 

¡ Ai foi o vento, amor !

Tamén os beizos perdémolos !..

 

VIII

DO mar de Cangas

cantares son,

ondas e verbas do corazón.

 

Roibas herbas das altas areas,

abanéanse tolas na beirada da pedra

e hai novas angueiras;

minerálicos peixes

que apalpan na limpa pedra

feros catueiros …

 

 

Mentres, cabo deles,

embolicados noivos,

fan o seu amor os polbos…

 

E nas furnas milenarias,

caranguexos e meigas,

andan a uliscar

e traban e burbullean…

 

A furada da pedra

acocha amorosa as lendas,

grandes tesouros, navíos

de nenos e areas

de ouro das nenas…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s