De Cantigueiro Infantil (Cántigo)

(Aos amigos de Rinlo, Carmen Cobo e Conchi Cobo, aos amigos de Culleredo, Pablo Veira e Loreto Veira e a Sari Díaz).

XL

NA beira do océano

bailémona os dous,

eu teño unha ameixa

e ti un longueirón.

Dous nenos na area

andan arredor,

ela é unha melca,

el un ollomol.

Ela vén dos baixos

onde morre o sol,

el vén dos sorríos

que hai en Donón.

Esta melca tenra

para aquel ollomol,

debuxan na area

e rin a cachón.

XLI

O SAPO coa sapela

xogan ás escapadas.

O sapo esperta ao mundo

cando a sapela canta.

O novo día acola,

No colo ten anainas.

Pro sapo sapeliñas,

pro vento sapeladas.

XLIX

AS abelliñas do mel,

de mel e meliloto.

– ¿Que hai naquel tellado?

– Haiche un gato marolo

As abelliñas do mel,

de mel e de melisa.

– ¿Que hai naquela artesa?

– Unha vella morta de risa.

As abelliñas do mel,

de mel e de melica.

– ¿Que hai naquel buraquiña?

– Unha campaniña fina.

– ¿E como fai?

-¡Tilín,tilín!

– ¿E como vai?

– ¡Tilín, tilán!

LI

IMOS zarpar

hainos que virán cedo

e outros tardarán.

Barcarola de soños

imos soñar

aqueles que son vivos

e os por chegar.

Barcarola de sombras

e señardás,

selladiña de pombas

cabo do mar.

Barcarola que o tempo

barco fará,

que eu quixera vogar

así en costán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s