Non son máis que aire e pesadume!

XOAQUÍN AGULLA PIZCUETA

Poeta e deseñador gráfico, nado en Pontevedra o 13 de novembro de 1956, residente en Cangas do Morrazo (Ponteveda).

 

Caricatura realizada por Siro, publicada en
“La Voz de Galicia” na sección Poetas, (15-04–1986)[gallery]

 

Mestre de E.X.B. exerce dando clases particulares nunha Academia en Cangas do Morrazo. Está casado e ten unha filla.
No ano 1973, participou co grupo da Residencia de Estudantes da CAP de Pontevedra na representación de “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao, no antigo Teatro Principal.
Foi secretario da Asociación de Escritores en Lingua Galega e representou á AELG na Fundación da Mesa Permanente Pola Normalización Lingüística.
Organizou con Avilés de Taramancos e Mª do Carme Kruckenberg , presidente e vicepresidenta da AELG, respectivamente, o Congreso de Escritores Galegos, Bascos e Cataláns no Parador de Baiona ( Vigo) en setembro de 1986.
Foi poñente no Galeuzaca de Donostia ( 1985 ), e no Congreso das Linguas Minorizadas Europeas de Cataluña.
A importancia da súa obra está na súa poesía, con múltiples rexistros, poesía lírica nos seus comezos, no seu libro “Cántigo” ( 1981 ) ou de temática social en “Ensoños de Breila” ( 1982 ).
En 1984 publica unha edición crítica a cargo de Fancisco López, co título “Aquí fican melodías” que reúne toda a poesía anterior. Cun estilo modernista escribe “Palabras Maiores” ( 1985 ). De temática intimista é “No devalar das horas” ( 1986 ), poemario publicado na revista Grial. En 1997 publica en versión bilingüe galego / inglés, de temática existencial e relixiosa, cun posicionamento crítico fronte a deidade, o libro “Camiño de Emaús”.
Como narrador infantil publicou a novela de ficción-científica “A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta” (1986); de aventuras “A historia da buguina” ( 1990 ), e o conto ecoloxista “A aldea entristecida” ( 1998 ).
No eido teatral escribiu as peciñas curtas “A Caeira” (1984), publicada na revista literaria “Carel” e a peza infantil “Era unha vez o mundo do envés”, II premio de Teatro Infantil de Xove 1985. Esta peza foi reeditada e revisada en edición non venal en 2009.
En 1980, creou dous programas radiofónicos en galego na emisora Radio 80 de Pontevedra, As nosas letras, con entrevistas a personaxes como Méndez Ferrín, Suso Bahamonde, Víctor Freixanes, entre outros. No programa infantil “O cabaliño de buxo” líanse e ambientábanse os contos que Galaxia e Edicións Xerais publicaban para o público infantil.
Como editor e deseñador, ademais de revistas locais como “O Morrazo século XXI”, deseñou e editou a colección de poesía “Á inmensa minoría”.
Traduciu ao galego o libro de poemas en castelán de Mª do Carme Kruckenberg “Vivir, aventura irrepetible” ( 1997 ).
No eido da plástica experimentou con técnicas fotográficas e acrílicas con máis de corenta obras, que se expuxeron e recolleron en soporte dixital.
Durante anos editou unha colección de Postais de Nadal de formatos diversos e tirada moi limitada, con procesos manuais e técnicas litográficas e serigráficas, para unhas poucas empresas do país, onde grafismo e poesía conseguiron harmonía, forza e estética.
No ano 2002 adicouse a crear poemas en madeira, unha serie de esculturas sobre o cotián.
Nos anos oitenta, con vocación de rapsoda, recitou e montou espectáculos poéticos que levou por moitos centros de ensino de Galicia. Participou en case tódolos recitais de poesía do Condado, e moita da súa produción poética solta está recollida nas publicacións dese certame.
Colaborou en publicacións como Teima, A Nosa Terra, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Vagalume, Dorna, Grial, Luzes de Galiza, Carel, Hidromel…
En 1999 realizou para a Xunta de Galicia unha antoloxía de textos e datos biográficos dos autores homenaxeados nas Letras Galegas desde 1963 a 1999 co título “37 Escritores para unha lingua”.
No ano 2009 reeditou nunha edición numerada, non venal, o seu primeiro libro “Cántigo” no que recolle poemas escritos entre 1977 e 1981, cun epílogo adicado aos seus mentores, Angel Eguren e Manuel Cuña Novás.
En decembro do 2011 publicou unha edición non venal do poemario “Final da vía”, composto por un prólogo e cinco prantos en memoria do seu amigo José María Rial.

[Contacto:   xocas_agulla (arroba) hotmail.com    ]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s